un proxecto de integración e adopción de lingua

Amosando publicacións coa etiqueta salep. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta salep. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de novembro de 2015

Comer e beber en Turquía: manxares típicos

 A comida e a bebida en Turquía están presentes en tódas partes. Se viaxas por vez primeira ao país quedarás abraiado polo inmenso número de postos de venda de comida nas rúas e pola cantidade de restaurantes e tendas de comida e bebida, sempre abertas. Velaquí tedes só algúns dos platos típicos turcos. 

barco no que serven Balik Ekmek en Istanbul

Börek: Masa parecida á nosa empanada, rechea de queixo branco, carne picada ou verduras.  

börek de espinacas
Çorba ou sopa: Un almorzo en Turquía escomenza cunha çorba lixeira. Son moi comúns as de lentellas, as de iogur ou trigo...

çorba de lentellas vermellas
Köfte: Son unha especie de albóndigas típicas que se fan con carne picada, normalmente de tenreira ou año. Van mesturadas con diferentes especias e tamén con cebola picada, verduras e ovo. Asadas, fritidas ou ao vapor, en Turquía hai unhas 300 variedades de köfte.
köfte
Meze: Seleción de aperitivos variados.


variedade de meze
Döner kebab  (döner "que xira" e kebab "carne asada"): Carne asada xeralmente de año ou tenreira sobre un eixe xiratorio que se pode comer soa ou acompañada de arroz (pilav).

kebab de año
Lahmacum:  Unha especie de “pizza turca”, unha base de masa fina sobre a que se coloca carne picada con cebola. Por riba, unhas pingas de limón, pirixel e especias.

pizza turca ou lahmacum
Midye dolma: Son mexilóns fritidos recheos de arroz. Plato típico dos pobos da costa Exea. 

mexilóns recheos de arroz
Dolma: Follas de parra recheas de arroz, carne picada, especias… Os dolma de carne adoitan comerse quentes a miúdo con salsa de iogur, e os que non levan carne, fríos.


dolma
Patlican:  As verduras son acompañantes da comidas turcas de xeito xeral, mais as berenxenas ou patlican teñen un protagonismo especial. Din que as preparan de máis de 60 xeitos e son as protagonistas de numerosísimos platos típicos turcos. A ensalada de berenxenas ou sasuka e as kariniyarik, berenxenas recheas, son algunhas das especialidades máis prezadas.
kariniyarik
Balik Ekmek: Este bocadillo de peixe é un dos xeitos máis saudables de comer na rúa en Turquía. 

Balik Ekmek

LARPEIRADAS
Baklava: Postre. Pastel con pasta xeralmente de noces trituradas, bañada en almíbar. Hai variedades de avelás, pistachos, améndoas...
Baklava de pistacho
Lokum: Doce xeralmente xelatinoso tipo gominola. Poden estar feitos a base de zumos naturais de froitas e algún xelificante e adoitan estar cubertas cunha capa de azucre glas.

Lokum de diferentes sabores

QUE BEBER EN TURQUÍA 

Mostrador de zumes de froitas naturais
Pola rúa hai postos de zumes de froitas naturais. Ademáis, en calquera tenda ou restaurante se poden atopar as seguintes bebidas.
Çay: Té preto. Tómase so (é moi forte). Non se lle engade leite, mais si azucre. 

Kahve: Café coñecido polas novas xeneracións como Türk kahvesi. O xeito de preparar café á turca foi confirmado pola Unesco coma patrimonio inmaterial da humanidade.  Prepárase con café tipo arábigo ata ter unha consistencia semellante á da fariña. É unha bebida moi concentrada e se serve en tazas sen asa. Prepárase nunha pota de cobre.
Kahve turco
Salep: Bebida quente e azucarada feita con leite e fariña de salep (orquídea) que se serve con canela. 
O salep sérvese con canela
Ayran: Bebida composta de iogur de leite de ovella  e auga. Tómase fría para acompañar comidas e se adoita tomar con sal e mesmo con allo ou con zume de limón.
Xerras con ayran
Raki: Licor anisado ao que se lle mestura auga (50%). Na  maioría dos casos, sérvese con outro vaso de auga para tomar inmeditamente a continuación.
Diferentes marcas de Raki