un proxecto de integración e adopción de lingua

domingo, 29 de novembro de 2015

Turquía: A sua historia dende 10.000 a.C. ata 2004 d.C.

A continuación, presentámoslles unha resumida historia de Turquía en castelán (PDF), feita pola organización Acoger y Compartir, unha asociación cristiá* que colabora na loita pola defensa da dignidade humana nos países máis desfavorecidos. 


*Dende o blog de Okulgalicia, queremos recordarlles que non temos ningunha afiliación relixiosa e que noso obxectivo é simplemente a adopción da lingua turca para acadar a mellor integración da poboación turca no noso centro. 

"Queremos falar e estudiar a nosa lingua, un parlamento, e unha autonomía, como en Galicia"


Omer Seven chegou a Madrid no 2005. No 2011 abriu o seu propio restaurante kebab na rúa de A Gaiteira, na Coruña. Omer é kurdo, de Bingol. E non pode pechar a boca e calar as inxustizas que está a sufrir o seu pobo. "Os kurdos somos a maior poboación do mundo sen Estado", salienta. Efectivamente é así. Calcúlase que hai 50 millóns de kurdos no mundo, 23 millóns deles en Turquía, 13 millóns en Irán, 8 millóns en Irak, 3 millóns en Siria... Omer segue a actualidade nos medios de comunicación aínda que a maioría están moi manipulados, di, mentres me ensina fotografías do seu muro de facebook nas que denuncia a persecución que sofre a gran minoría kurda. Como esta imaxe dunha pintada que di: "Se es turco enorgullécete e se non o es obedece"



O barrio de Omer en Bingol
Di Omer que  non entende que no século XXI, sexa posible visitar outras galaxias pero non garantir os dereitos fundamentais das persoas como ocurre co pobo kurdo. "¿Por qué non entras en política e traballas polo teu pobo?", pregunto abraiada polo nivel de denuncia e activismo que contén o seu discurso. "Mataríanme," responde, "non teño pelos na lingua".

Omer Seven facendo pan
(ekmek en turco, nan en kurdo)
A pesares de que só foi cinco anos á escola, os anos de ensinanza obrigatoria (dos 7 aos 12 anos), é un home que coñece e reivindica a súa historia. Aínda que o 99% dos compañeiros da súa escola eran kurdos, estaba prohibido falar a lingua, nin sequera polo baixo, xa que falala supuña castigo físico. A súa avoa non sabía falar turco e el era o seu tradutor cando a levaba ao médico. Di que mesmo había médicos de extrema dereita que non querían atender aos kurdos. En tan só dúas xeracións, en 20 anos, se non se estuda o kurdo nas escolas públicas, o seu idioma desaparecerá, advirte. O réxime turco, a base de prohibilo, acadou o que quixo: os nenos pequenos xa non saben falar kurdo.

Omer  Seven está contento a nivel persoal na Coruña, aínda que a crise está a dificultar o seu negocio. Aínda que entende galego, non o fala moito porque os coruñeses non o falan. "Estiven uns meses en Santiago e alí si que estaba aprendendo e usando o galego", di. No seu kebab serve a típica carne asada kurda, con ou sen pan, e acompañada doutros produtos típicos kurdos, como por exemplo o dew ou iogur para beber e a baklava, de postre. 
O kebab de Omer na Coruña

Se alguén quere comer kurdo na Coruña ou na súa casa, posto que tamén serven a domicilio, poden achegarse ao Mezopotamya Kebab na rúa da Gateira, 50, de A Coruña. O teléfono de pedidos é o 881 92 66 69.

Imaxes de Ancara


Aínda que Ancara (Ankara en turco) é unha das cidades mais vellas e culturalmente ricas do mundo --sendo a zona habitada xa fai máis de catro mil anos polos Hititas--, veuse eclipsada pola prominencia política da sua irmá menor: Estambul (İstanbul en turco), a antiga Constantinopla. Hoxe en día, continúa vivindo baixo a ampla sombra desta segunda cidade, convertida nunha das capitais menos coñecidas do globo.

Cultura de Turquía



Dende o blog de Okulgalicia, compartimos convosco un marabilloso vídeo de lingua, historia e, sobre todo, cultura turca, feito polo centro internacional de lingua e cultura turca Anadolu DKM (centro de lingua e cultura Anatolia), unha asociación cuxa misión é compartir e promover a lingua e cultura turca nos distintos países do mundo. Para aqueles de vós que queirades saber máis sobre a cultura actual e menos sobre a historia da rexión, podedes comenzar o vídeo dende o minuto 8:50.




sábado, 28 de novembro de 2015

Comer e beber en Turquía: manxares típicos

 A comida e a bebida en Turquía están presentes en tódas partes. Se viaxas por vez primeira ao país quedarás abraiado polo inmenso número de postos de venda de comida nas rúas e pola cantidade de restaurantes e tendas de comida e bebida, sempre abertas. Velaquí tedes só algúns dos platos típicos turcos. 

barco no que serven Balik Ekmek en Istanbul

Börek: Masa parecida á nosa empanada, rechea de queixo branco, carne picada ou verduras.  

börek de espinacas
Çorba ou sopa: Un almorzo en Turquía escomenza cunha çorba lixeira. Son moi comúns as de lentellas, as de iogur ou trigo...

çorba de lentellas vermellas
Köfte: Son unha especie de albóndigas típicas que se fan con carne picada, normalmente de tenreira ou año. Van mesturadas con diferentes especias e tamén con cebola picada, verduras e ovo. Asadas, fritidas ou ao vapor, en Turquía hai unhas 300 variedades de köfte.
köfte
Meze: Seleción de aperitivos variados.


variedade de meze
Döner kebab  (döner "que xira" e kebab "carne asada"): Carne asada xeralmente de año ou tenreira sobre un eixe xiratorio que se pode comer soa ou acompañada de arroz (pilav).

kebab de año
Lahmacum:  Unha especie de “pizza turca”, unha base de masa fina sobre a que se coloca carne picada con cebola. Por riba, unhas pingas de limón, pirixel e especias.

pizza turca ou lahmacum
Midye dolma: Son mexilóns fritidos recheos de arroz. Plato típico dos pobos da costa Exea. 

mexilóns recheos de arroz
Dolma: Follas de parra recheas de arroz, carne picada, especias… Os dolma de carne adoitan comerse quentes a miúdo con salsa de iogur, e os que non levan carne, fríos.


dolma
Patlican:  As verduras son acompañantes da comidas turcas de xeito xeral, mais as berenxenas ou patlican teñen un protagonismo especial. Din que as preparan de máis de 60 xeitos e son as protagonistas de numerosísimos platos típicos turcos. A ensalada de berenxenas ou sasuka e as kariniyarik, berenxenas recheas, son algunhas das especialidades máis prezadas.
kariniyarik
Balik Ekmek: Este bocadillo de peixe é un dos xeitos máis saudables de comer na rúa en Turquía. 

Balik Ekmek

LARPEIRADAS
Baklava: Postre. Pastel con pasta xeralmente de noces trituradas, bañada en almíbar. Hai variedades de avelás, pistachos, améndoas...
Baklava de pistacho
Lokum: Doce xeralmente xelatinoso tipo gominola. Poden estar feitos a base de zumos naturais de froitas e algún xelificante e adoitan estar cubertas cunha capa de azucre glas.

Lokum de diferentes sabores

QUE BEBER EN TURQUÍA 

Mostrador de zumes de froitas naturais
Pola rúa hai postos de zumes de froitas naturais. Ademáis, en calquera tenda ou restaurante se poden atopar as seguintes bebidas.
Çay: Té preto. Tómase so (é moi forte). Non se lle engade leite, mais si azucre. 

Kahve: Café coñecido polas novas xeneracións como Türk kahvesi. O xeito de preparar café á turca foi confirmado pola Unesco coma patrimonio inmaterial da humanidade.  Prepárase con café tipo arábigo ata ter unha consistencia semellante á da fariña. É unha bebida moi concentrada e se serve en tazas sen asa. Prepárase nunha pota de cobre.
Kahve turco
Salep: Bebida quente e azucarada feita con leite e fariña de salep (orquídea) que se serve con canela. 
O salep sérvese con canela
Ayran: Bebida composta de iogur de leite de ovella  e auga. Tómase fría para acompañar comidas e se adoita tomar con sal e mesmo con allo ou con zume de limón.
Xerras con ayran
Raki: Licor anisado ao que se lle mestura auga (50%). Na  maioría dos casos, sérvese con outro vaso de auga para tomar inmeditamente a continuación.
Diferentes marcas de Raki