A comida e a bebida en Turquía están presentes en tódas partes. Se viaxas por vez primeira ao país quedarás abraiado polo inmenso número de postos de venda de comida nas rúas e pola cantidade de restaurantes e tendas de comida e bebida, sempre abertas. Velaquí tedes só algúns dos platos típicos turcos.
| barco no que serven Balik Ekmek en Istanbul |
Börek: Masa parecida á nosa empanada, rechea de queixo branco, carne picada ou verduras.
![]() |
| börek de espinacas |
Çorba ou sopa: Un almorzo en Turquía escomenza cunha çorba lixeira. Son moi comúns as de lentellas, as de iogur ou trigo...
![]() |
| çorba de lentellas vermellas |
Köfte: Son unha especie de albóndigas típicas que se fan con carne picada, normalmente de tenreira ou año. Van mesturadas con diferentes especias e tamén con cebola picada, verduras e ovo. Asadas, fritidas ou ao vapor, en Turquía hai unhas 300 variedades de köfte.
![]() |
| köfte |
Meze: Seleción de aperitivos variados.
![]() |
| variedade de meze |
Döner kebab (döner "que xira" e kebab "carne asada"): Carne asada xeralmente de año ou tenreira sobre un eixe xiratorio que se pode comer soa ou acompañada de arroz (pilav).
![]() |
| kebab de año |
Lahmacum: Unha especie de “pizza turca”, unha base de masa fina sobre a que se coloca carne picada con cebola. Por riba, unhas pingas de limón, pirixel e especias.
![]() |
| pizza turca ou lahmacum |
Midye dolma: Son mexilóns fritidos recheos de arroz. Plato típico dos pobos da costa Exea.
![]() |
| mexilóns recheos de arroz |
Dolma: Follas de parra recheas de arroz, carne picada, especias… Os dolma de carne adoitan comerse quentes a miúdo con salsa de iogur, e os que non levan carne, fríos.
![]() |
| dolma |
Patlican: As verduras son acompañantes da comidas turcas de xeito xeral, mais as berenxenas ou patlican teñen un protagonismo especial. Din que as preparan de máis de 60 xeitos e son as protagonistas de numerosísimos platos típicos turcos. A ensalada de berenxenas ou sasuka e as kariniyarik, berenxenas recheas, son algunhas das especialidades máis prezadas.
![]() |
| kariniyarik |
Balik Ekmek: Este bocadillo de peixe é un dos xeitos máis saudables de comer na rúa en Turquía.
![]() |
| Balik Ekmek |
Baklava: Postre. Pastel con pasta xeralmente de noces trituradas, bañada en almíbar. Hai variedades de avelás, pistachos, améndoas...
![]() |
| Baklava de pistacho |
Lokum: Doce xeralmente xelatinoso tipo gominola. Poden estar feitos a base de zumos naturais de froitas e algún xelificante e adoitan estar cubertas cunha capa de azucre glas.
![]() |
| Lokum de diferentes sabores |
QUE BEBER EN TURQUÍA
![]() |
| Mostrador de zumes de froitas naturais |
Pola rúa hai postos de zumes de froitas naturais. Ademáis, en calquera tenda ou restaurante se poden atopar as seguintes bebidas.
Çay: Té preto. Tómase so (é moi forte). Non se lle engade leite, mais si azucre.
Kahve: Café coñecido polas novas xeneracións como Türk kahvesi. O xeito de preparar café á turca foi confirmado pola Unesco coma patrimonio inmaterial da humanidade. Prepárase con café tipo arábigo ata ter unha consistencia semellante á da fariña. É unha bebida moi concentrada e se serve en tazas sen asa. Prepárase nunha pota de cobre.
![]() |
| Kahve turco |
Salep: Bebida quente e azucarada feita con leite e fariña de salep (orquídea) que se serve con canela.
![]() |
| O salep sérvese con canela |
Ayran: Bebida composta de iogur de leite de ovella e auga. Tómase fría para acompañar comidas e se adoita tomar con sal e mesmo con allo ou con zume de limón.
![]() |
| Xerras con ayran |
Raki: Licor anisado ao que se lle mestura auga (50%). Na maioría dos casos, sérvese con outro vaso de auga para tomar inmeditamente a continuación.
![]() |
| Diferentes marcas de Raki |


















Ningún comentario:
Publicar un comentario